Detalle do espectáculo

Wombo Combo

Sara odia a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

Ficha artística

  • Reparto: Alba Bermúdez Iglesias, Tone Martínez, Mario Rodríguez
  • Dirección: Davide González
  • Dramaturxia: Paula Carballeira
  • Espazo Escénico: Anahí Taraburelli
  • Deseño Vestiario: Anahí Taraburelli
  • Deseño Illuminación: Nacho Martín
  • Deseño Cartaz: Andrea Ures
  • Duración: 50 min
  • Idades recomendadas: A partir de 5 anos
Descargar rider técnico
Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa verContenidoSeccion-title .