“Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Queda soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non deixan de queixarse por teren comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha Nena de Plástico, á que lle relata historias de como é o mundo fóra da illa. Mais o corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza: quere coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, quere axudar a Carabela a fuxir antes de que morra de fame. É un espectáculo de monicreques baseado no texto Carabela de Paula Carballeira, que combina tenrura, humor e reflexión arredor do coidado do planeta.
Ficha artística
- Reparto: Alba Bermúdez Iglesias e Tone Martínez
- Dirección: Alba Bermúdez e Tone Martínez
- Deseño Vestiario: Alba Bermúdez
- Deseño Escenografía: Nicolás Zambrano e Alba Bermúdez
- Deseño Monicreques: Nicolás Zambrano
- Deseño Cartel: Andrea Ures
- Duración: 45 min
- Dispoñible espazos interiores de reducidas dimensións
- Idades recomendadas: A partir de 3 anos