Nesa vontade de achegar o teatro á cidadanía a labor da compañía divídese en dous eixos:

Maratón Teatral: As mostras do traballo do alumnado realízanse a través deste formato. A idea é que durante un día enteiro os nenos e nenas podan actuar e ver as mostras das súas compañeiras. Este evento converteuse nunha festa do teatro local de cada concello.
Mostra Escolares: Os actores e actrices de Galeatro teñen a opción de realizar máis dunha función para poder gañar experiencia enriba das táboas. Así, os seus compañeiros dos centros educativos poden acudir o traballo que se realiza no seu concello.
Vagalume en Ruta: Actividade proposta entre a Asociación Cultural Vagalume, o Concello de Carballo e a compañía Galeatro, na que os actores e actrices da asociación representan os seus espectáculos polas parroquias de Carballo.
Metro Cadrado: Certame teatral organizado pola compañía Galeatro, que forma parte da programación do FIOT na que se promoven espectáculos de novxs creadorxs en espazos alternativos. Durante este ciclo podemos vivir a experiencia teatral pasando por unha zapatería, unha carnicería e ata polo salón de plenos do Concello de Carballo.
Mostra de Teatro no Mosteiro: Festival de Teatro profesional creado no ano 2024 para poñer en valor o Mosteiro de San Salvador de Bergondo. Adóitase realizar na primeira semana de Setembro.
Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa verContenidoSeccion-title .