Varias persoas camiñando por unha ponte
Modelo dunha obra de teatro

Narración oral

Nos nosos espectáculos de narración oral empregamos a palabra como vehículo para imaxinar, contar e sentir historias. A lingua galega como elemento identitario no que mergullar ao público en mundos máxicos onde todo é posible.

Tres persoas no escenario

Público familiar

A creación contemporánea e orixinal en lingua galega e o respecto á nosa infancia son valores fundamentais das nosas propostas escénicas. En Galeatro, consideramos ás nosas crianzas como o futuro do teatro e para iso creamos espectáculos que falen das súas inquedanzas.

Acción das persoas que transportan obxectos

Público adulto

Propostas que falan de nós, da nosa historia, da nosa forma de ser empregando ferramentas contemporáneas de artes escénicas. Comedia actual e crítica social son liñas fundamentais dos espectáculos para o público adulto.

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa verContenidoSeccion-title .