Área profesional
O fomento das artes escénicas e a procura de novos espectadores son liñas de traballo fundamentais para a compañía Galeatro. Cremos na necesidade de achegar o teatro á sociedade como un espazo de encontro, de divertimento e tamén de reflexión. Para iso, ademais da nosa liña de produción, abrimos as seguintes liñas de traballo.
É unha rede de escolas de artes escénicas que temos ao longo da provincia. Con alumnos e alumnas de entre os 3 e os 80 anos, a nosa labor céntrase en achegar o teatro dende o respecto, a integración, o traballo en equipo e sobre todo a diversión.
O período de ensaios segue o calendario escolar. Todos os grupos rematan realizando unha mostra de fin de curso tanto para público xeral como para os seus compañeiros e compañeiras dos centros educativos do concello correspondente. Ademais promovemos o encontro entre o noso alumnado a través de intercambios entre as distintas escolas.

Actualmente estamos presentes en:
Idade: 6 a 16 anos. Escola de Teatro APA As Mariñas.
Idade: 6 a 16 anos: Asociación Cultural Coro Vagalume.
Idade: 6 a 12 anos: Obradoiro Municipal de Animación Teatral en Malpica.
Idade: 6 a 12 anos: Obradoiro Municipal de Animación Teatral en Buño.
Idade 3 a 16 anos: Escola de Teatro Municipal de Mesía.
Idade 3 a 12 anos: ANPA Castelao e ANPA Campomaior.
Idade 3 a 12 anos: ANPA o Carboeiro.
Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa verContenidoSeccion-title .