“Reino de Galicia á escena” é unha peza teatral que inclúe unha visita dramatizada guiada polo historiador Hadrián García Pérez no que se crearán micro-escenas adaptadas aos espazos onde se realice e que finalizará coa representación do espectáculo Arte Sen Guión da compañía Galeatro. Ademais produciremos pequenas pílulas audiovisuais, producidas pola actriz e xornalista Carlota Mosquera, que serán subidas ás redes sociais e que servirán tanto para a promoción do evento como para dar a coñecer dun xeito ameno e divertido aspectos históricos dos emprazamentos escollidos. O obxectivo do espectáculo e promocionar espazos cun gran valor patrimonial a través das artes escénicas e do audiovisual.
Este espectáculo é unha adaptación do premio recibido nos “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia” que organiza a Deputación da Coruña no ano 2025.
Ficha artística
- Reparto: Alba Bermúdez, Tone Martínez, Alba Nogueira, Miguel Canalejo, Nacho Martín e Hadrián García
- Dirección: Miguel Canalejo e Tone Martínez
- Dramaturxia: Miguel Canalejo e Tone Martínez
- Deseño Escenografía: Alba Bermúdez
- Deseño Vestiario: Anahí Taraburelli
- Deseño iluminación: Gonzalo Porteiro
- Deseño Cartaz: Sol Álvarez
- Duración: 120 min
- Dispoñible para interior e para exterior
- Idades recomendadas: A partir de 12 anos
- Recoñecementos: Segundo Premio “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia”