Mariña é unha nena á que lle gusta moito o mar e os animais que nel habitan. Tódalas tardes mergúllase na auga para xogar cos peixes. Hai un que é moi especial. Chámase Xarda. Un peixe que fala e que lle conta historias sobre como é a vida mariña e tamén sobre os seus perigos.
A loita contra a contaminación, a amizade e o respecto son temas que están presentes en As aventuras de Mariña. Unha sesión de contos que combina a narración oral e o teatro de monicreques.
Ficha artística
- Reparto: Alba Bermúdez Iglesias
- Dirección: Alba Bermúdez e Tone Martínez
- Duración: 40 min
- Necesidades técnicas: Espazo libre de mobiliario
- Idades recomendadas: A partir de 3 anos