Arte Sen Guión en Curtis

Data
06/11/2026
Horario
21:00 - 22:00
Localidade
Casa da Cultura de Curtis
Enderezo
Curtis

Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época.


Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.