Imaxina un lugar onde cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo. Este espectáculo de narración oral levarache a percorrer as habitacións da alegría, do medo, do amor, da ira ou da esperanza. Vén a hospedarte ao "Hotel Paraíso" onde cada palabra é unha chave e cada unha emoción unha porta por abrir.