
“Utilizar o teatro como
ferramenta educativa”
Se queres coñecer máis pincha no chío e aparecerán as nosas creacións teatrais.
Fomento das artes escénicas
O fomento das artes escénicas e a procura de novos espectadores son liñas de traballo fundamentais para a compañía Galeatro.
Achegar o teatro á sociedade
Cremos na necesidade de achegar o teatro á sociedade como un espazo de encontro, de divertimento e tamén de reflexión.
Divertimento e reflexión
Despois de toda esta etapa histórica que nos tocou vivir, se cadra o teatro sexa un dos mellores espazos diversos para provocar o pensamento.
A compañía
Galeatro é a primeira compañía teatral carballesa. Foi fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez no ano 2015 co obxectivo de crear proxectos teatrais para público familiar e fomentar a formación en artes escénicas. Cos espectáculos "De leria con Castelao","Comechíns, segundo prato", “Identifíca-t” ou as pezas baseadas na figura á que se lle adican as letras galegas, percorremos o territorio galego.
En 2017 estreamos "Muiñada", o noso primeiro espectáculo de gran formato coproducido polo FIOT.
En 2020 naceu a nosa nova criatura: "Carabela", coa intención de concienciar aos nosos cativos e cativas sobre a problemática do uso masivo de plástico.
O traballo da compañía
No eido da formación, Galeatro está presente en escolas de teatro de Bergondo, Carballo, Coruña, Oleiros e Ordes. Conta con máis de 200 alumnos e alumnas que grazas a estas actividades xa forman parte, dalgunha maneira, do sistema teatral galego.
O fomento das artes escénicas e a procura de novos espectadores son liñas de traballo fundamentais para a compañía Galeatro. Cremos na necesidade de achegar o teatro á sociedade como un espazo de encontro, de divertimento e tamén de reflexión. Despois de toda esta etapa histórica que nos tocou vivir,
se cadra o teatro sexa un dos mellores espazos diversos para provocar o pensamento.
